FOTOGRAFÍA
Filtraxe – Hasselblad e Filtros de Instagram (2020)
Co crecente uso das redes, asistimos a unha reformulación constante da fotografía. Os chamados ‘filtros’ das redes como Instagram, colócanse sobre a fotografía xa tomada ou sobre a persoa en directo, completando o revelado, ou axudando a interpretar o significado dos suxeitos retratados.
Moitos destes filtros son creados pola propia persoa ou colectivo que os usa. As lecturas semióticas das imaxes resultantes son moi amplas. Dende o ángulo de toma das imaxes, ata a escolla do filtro en cuestión; que pode colocar ao suxeito retratado nunha corrente concreta, auto-etiquetándose como tal, ou facer ao público reflexionar sobre o seu estado de ánimo. Poden os filtros e as súas imaxes resultantes construir, ou só reflicten as carencias e desexos da sociedade que os produce?
Co nacemento e expansión da teoría queer, a analoxía dos filtros co xénero semella inevitable, pois existe un incansable esforzo por mover os marcos binarios de identificación, co fin de dinamitar a imaxe do home universal medida-de-todas-as-cousas.
A proposta deste traballo fotográfico é a de mergullarnos nos significados dos devanditos filtros, colocados en persoas de idades moi afastadas ás idades das usuarias dos mesmos, e mediante o exercicio, observar como é doado fluir nas etiquetas clásicas home e muller, hetero-homosexual, e demais; só, coa colocación, por exemplo, dunhas lentes de sol.
Se recollemos o fío da cultura Punk (sempre ao corricán das subculturas, coma a da filosofía queer), o Do it yourself, a transgresión do significado de ‘normal’, as vinculacións filosófico-estéticas co situacionismo… poderemos atopar un camiño sólido para nós, as millenials.
Monstras – Web Serie (Foto fixa, 2020)
«Corentena Producións anuncia a primeira webserie feminista en galego, ‘Monstras’» – Nós Televisión
«Monstras, a primeira webserie feminista galega, seleccionada para os Mestre Mateo 2020» – Nós Televisión
«Vecinas del Val Miñor participan en “Monstras”, la primera web-serie feminista de Galicia» – ValMiñor TV
Retratos (Estudio)
Retratos (Roubados)
Postcards from Galiza (2018)