BIOGRAFÍA

Bea Saiáns (Val Miñor, 1991) é cineasta, fotógrafa e poeta. Nos últimos tempos ten realizado varios documentais como Anti-mulleres (2016) e Historias de Non-Ficción (2018), curtametraxes coma Cinema Anémico (2017) así coma videoclips para grupos galegos como Caldo (2020) ou internacionais como o brasileño Luca Argel (2020). O seu último traballo no ámbito audiovisual foi o no posto de Directora de Fotografía e Foto fixa da Webserie Galega “Monstras, seleccionada para os Premios Mestre Mateo 2020. Adícase a dar ciclos de cinema e obradoiros de narrativa feminista, co apoio da Asociación de Mulleres Artistas 85C, da que fai parte.

No ámbito literario publica artigos de opinión en varias revistas de cinema. Portuguesas coma a Revista Sombra (2017) e galegas A Cuarta Parede (2018), así coma na Revista de Poesía Nayagua (2019). Nese mesmo ano quedou finalista no Certame de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, compartindo así a publicación do seu poemario nun libro recopilatorio con Raúl Gomez Pato, Rafa Vilar e Roberto Rodríguez. No 2020 premiouse cun accésit e posterior publicación o seu poemario «Se tivera un pau e gasolina e unha amiga, e un chisqueiro» no Certame de Poesía Francisco Añón do Concello de Outes.  No eido audiovisual accedeu no ano 2019 á final do Certame Xuventude Crea (2019) na categoría “Videocreación Audiovisual” co videopoema “Pai”.